Uso de cookies

Esta web utiliza "cookies" propias y de terceros para ofrecerle una mejor experiencia y servicio. Al navegar o utilizar nuestros servicios, aceptas el uso que hacemos de las "cookies". Sin embargo, puedes cambiar la configuración de "cookies" en cualquier momento. Política de cookies.


gal  |  esp

Lectura recomendada

xan. 16, 2015, 10 a.m.

 

Título: O monte é noso. As mulleres e a conflitividade social no medio rural galego durante o franquismo

 

Autora: Araceli Freire Cedeira

 

Ano: 2012

 

Resumo: A historia de Galicia, e máis en concreto a historia das mulleres en GAlicia, non se construíu só de nomes célebres como os de Isabel de Castro ou María Pita, senón tamén de nomes anónimos que, en tempos tan duros como os da ditadura franquista, souberon e tiveron o valor de defender con ardor aquilo que consideraban seu. Rosa, Josefa, Isolina, Dorinda ou María son só os nomes dunhas poucas valentes que loitaron polos seus dereitos sobre a terra, sobre aquel monte veciñal que consideraban seu, xerando unha vaga de protestas que foron erosionando, aínda que en pequena medida, a lexitimidade do Réxime no medio rural. Este traballo evidencia que a actitude dunha parte da poboación feminine non se caracterizou pola pasibidade nin a submisión incondicional ao Goberno, pois non eran aqueles suxeitos pacíficos e carentes de personalidade, capacidade de decisión e ideas que a propaganda e o discurso de Réxime pretendía mostrar.