Uso de cookies

Esta web utiliza "cookies" propias y de terceros para ofrecerle una mejor experiencia y servicio. Al navegar o utilizar nuestros servicios, aceptas el uso que hacemos de las "cookies". Sin embargo, puedes cambiar la configuración de "cookies" en cualquier momento. Política de cookies.


gal  |  esp

Árbores e formacións senlleiras

nov. 21, 2014, 1:51 p.m.

 

Que son as árbores ou formacións senlleiras?

Son exemplares concretos ou rodais de árbores que, polas súas características extraordinarias ou destacables (tamaño, idade, significación histórica ou cultural, rareza, beleza, etc.) son consideradas reliquias botánicas obxecto de respecto veciñal e con valor científico, cultural, didáctico, paisaxístico ou ornamental. E ademais teñen que estar catalogadas como tal.

 

Que criterios se siguen á hora de seleccionar os exemplares ou formacións senlleiras?
A selección de árbores ou formación a incluir no Catálogo galego de árbores senlleiras realizase no marco do procedemento de catalogación definido no Decreto 67/2007, do 22 de marzo, seguindo uns criterios básicos que teñen como obxectivo avaliar as características anteriormente indicadas. Por exemplo, algún dos criterios utilizados á hora de avaliar o carácter monumental dos exemplares propostos, así como os descritores ou indicadores asociados a eles, son:

Criterios dendrométricos: indicadores como o grosor á altura normal (1,30 m), a altura total, a altura do fuste, o perímetro de tronco ou o diámetro de copa e a idade.

Criterios biolóxicos e ecolóxicos: indicadores como o grao de rareza na bisbarra, se está ou non presente no límite da súa distribución natural, se presenta un porte non propio da especie, se está presente nun hábitat excepcional ou se pertence a un conxunto excepcional de árbores.

Criterios estéticos: indicadores como a beleza de porte do exemplar ou a súa coloración.

Criterios históricos e tradicionais (criterios culturais): algúns dos indicadores utilizados neste punto son se o exemplar está ou non asociado a un feito histórico ou cultural ou se está situado nun edificio histórico.

Criterios de situación: se pertence a unha paisaxe sobresaínte ou ben se está localizado nun lugar non habitual.

 

Qué implica a catalogación?
As árbores e formacións senlleiras que se inclúan no catálogo considéranse protexidas para todos os efectos, o que implica a prohibición de calquera acción que poida afectar negativamente á súa integridade, á súa saúde e á súa aparencia. Estes exemplares serán posuidores dunha protección legal que tamén afectará ao seu ámbito inmediato, e os propietarios, en caso de habelos, terán axuda oficial para coidalos. Esta liña de conservación supera no seu ámbito de acción o campo estritamente biolóxico, ao incorporar o valor antropolóxico desde o punto de vista da estética e a sensibilidade do pobo ao seu contorno.

 

Como solicitar a catalogación dun exemplar ou formación?
O Catálogo de árbores senlleiras está reservado a uns poucos exemplares ou formacións que, como se comentou, reunen unhas características moi saliantables. Por elo, previamente a presentar unha solicitude o interesado debe de asegurarse de que o candidato presenta estes valores. Poden solicitar a catalogación aquelas persoas propietarias das árbores ou formacións, outras administracións públicas, centros de investigación ou asociacións de entidades privadas ou públicas que teñan entre os seus fins estatutarios a protección da natureza, mediante a presentación do correspondente modelo de solicitude acompañado dunha memoria xustificativa e de toda a información adicional da súa condición de senlleiro.

 

Documentos relacionados:

Solicitude de catalogación

Cartografía SIX Descargar

Listaxe de árbores e formacións senlleiras 

Libro "Árbores e formacións senlleiras de Galicia" editado pola Xunta de Galicia en 2009

 

Ligazóns relacionadas:

Decreto 67/2007, do 22 de marzo, polo que se regula o Catálogo Galego de Árbores Senlleiras 

Orde do 3 de outubro de 2011 pola que se actualiza o Catálogo galego de árbores senlleiras