Uso de cookies

Esta web utiliza "cookies" propias y de terceros para ofrecerle una mejor experiencia y servicio. Al navegar o utilizar nuestros servicios, aceptas el uso que hacemos de las "cookies". Sin embargo, puedes cambiar la configuración de "cookies" en cualquier momento. Política de cookies.


gal  |  esp

Formación no sector forestal

set. 8, 2014, 9:15 a.m.


 

PERSOAS DESTINATARIAS:

Este curso está destinado principalmente a persoas con especiais dificultades de inserción laboral e alto grao de interese na formación forestal para a mellora da súa empregabilidade e que estean en posesión de estudios básicos (exb, graduado escolar, ESO..).

 

PRAZO DE INSCRICIÓN:

O prazo para presentar as solicitudes empezará o día 8 de setembro de 2014 e rematará o 16 de setembro de 2014 en horario de rexistro (de 9.00 a 13.30 h de luns a venres)

 

SOLICITUDES:

As solicitudes a este programa formativo, presentaranse:

  • No rexistro da Mancomunidade de Municipios Arousa Norte (Casa do Concello de Boiro, 2º andar, Praza de Galicia – Boiro) en horario de 9.00 h a 13.30 h de luns a venres.
  • Por correo certificado

Non se admitirán as solicitudes que non teñan cubertos todos os seus apartados e se remitan por correo electrónico.

Nas bases de admisión detállase a información relevante do curso: persoas destinatarias, obxectivos, documentación a presentar, selección de participantes, prazo de inscrición, contido do curso, datas, lugares e horario do curso.

 

INFORMACIÓN:

Mancomunidade de Municipios Arousa Norte – (Casa do Concello de Boiro, 2º andar)  – Praza de Galicia, Boiro

Teléfonos: 981 845 236 – 881 862 943

correo electrónico: correo@arousa-norte.es

 

DOCUMENTACIÓN:

Bases xerais de admisión. Curso formativo “Traballos forestais, conservación do medio natural e manexo de maquinaria e ferramentas forestais”

Ficha de inscrición

Modelo de informe da condición de colectivo de especial dificultade de inserción laboral