Uso de cookies

Esta web utiliza "cookies" propias y de terceros para ofrecerle una mejor experiencia y servicio. Al navegar o utilizar nuestros servicios, aceptas el uso que hacemos de las "cookies". Sin embargo, puedes cambiar la configuración de "cookies" en cualquier momento. Política de cookies.


gal  |  esp

Visita á cooperativa xesforesta

out. 10, 2013, 11:49 a.m.

 

 

A Mancomunidade de Municipios de Arousa Norte, a través da súa Oficina de Fomento Cooperativo, organizou o pasado, sábado 5 de outubro de 2013, unha visita á nosa cooperativa. Esta visita, de carácter gratuíto, enmárcase dentro dun programa de visitas a diversas cooperativas a desenvolver durante todo o mes de outubro.

 

A programación baseouse nunha breve exposición da cooperatativa no centro de interpretación das lagoas de San Pedro de Muro e Xuño, unha pequena andaina ata o alto do monte Tahume e finalmente, un café-coloquio ao carón da capela de San Benito de Seráns.

 

Pódense ollar as imaxes da actividade no album flickr de arousa-norte: Visita a cooperativa xesforesta