Uso de cookies

Esta web utiliza "cookies" propias y de terceros para ofrecerle una mejor experiencia y servicio. Al navegar o utilizar nuestros servicios, aceptas el uso que hacemos de las "cookies". Sin embargo, puedes cambiar la configuración de "cookies" en cualquier momento. Política de cookies.


gal  |  esp

inicio | facemos | forestal


forestal


xesforesta s. coop. galega céntrase en ofrecer servizos forestais baseados na multifuncionalidade do monte galego e que integran a xestión forestal e dos recursos naturais dende a óptica social e cooperativista, achegando este modelo á nosa clientela mediante o emprego das novas tecnoloxías.

 

 

Os servizos ofertados son:

Proxectos de silvicultura, repoboacións e infraestruturas.

As actividades propias da ordenación forestal, traballos silvícolas (podas, rareos, etc.), coidado das masas madeirables e da rede de infraestruturas relacionadas (pistas e devasas).

 

Trámites e xestións.

Xestión de subvencións, escritos coa Administración e/ou organismos oficiais, elaboracións de actas e certificacións.

 

Defensa da propiedade (deslindes, amolloamentos, correccións e estudos catastrais, valoracións).

Mediación na resolución de conflitos de propiedade, elaboración de informes, ditames, peritaxes, arbitraxes e outros, realización de deslindados e amolloamentos definindo os límites e cartografándoos con equipos XPS de alta precisión, elaboración de estudos e valoracións catastrais.

 

Xestión integral de comunidades de montes veciñais en man común (C.M.V.M.C.)

Elaboración de actas, actualización dos libros, trámites coa Administración, elaboración de proxectos, dirección de obra, etc.

 

Control de calidade, certificación.

Traballos de consultaría para a certificación baixo os estándares de calidade (ISO 9001), medio ambiente (ISO 14001) e forestal (FSC e PEFC).

 

 

Algúns dos nosos traballos:

 

febreiro 2014 | Comunidade de Montes de Mirón | actuacións silvícolas

decembro 2013 | Comunidade de Montes de Lesende | actuacións silvícolas

novembro 2013 | Comunidade de Montes de Caamaño | actuacións silvícolas

maio 2013 | Mancomunidade de Montes Barbanza Sur | constitución

maio 2013 | Mancomunidade de Montes Lousame Norte | constitución

marzo 2013 | Comunidade de Montes A Matanza e outros | poda de castiñeiros