Uso de cookies

Esta web utiliza "cookies" propias y de terceros para ofrecerle una mejor experiencia y servicio. Al navegar o utilizar nuestros servicios, aceptas el uso que hacemos de las "cookies". Sin embargo, puedes cambiar la configuración de "cookies" en cualquier momento. Política de cookies.


gal  |  esp

inicio | de interese | incendios


incendios


índice de risco diario de incendio forestal (irdi) 

o índice de risco diario de incendio forestal establece, para cada época e lugar, o risco diario de incendio forestal en varios niveis: baixo, moderado, alto, moi alto e extremo, tomando como referencia os seguintes factores: situación atmosférica, estado da biomasa vexetal, estado das infraestructuras preventivas das masas arbóreas e o estado do solo.

 

zonas de alto risco de incendios forestais (zar)

son as superficies onde se recoñece como prioritaria a aplicación de medidas máis rigorosas de defensa contra os incendios forestais ante o elevado risco de incendio, pola especial frecuencia ou virulencia dos incendios forestais ou a importancia dos valores ameazados.

 

época de alto risco de incendios forestais

período, segundo declaración da dirección xeral competente en materia forestal, no cal as condicións meteorolóxicas ou outras circunstancias agraven o risco de incendio. nesta época están prohibidas as queimas de todo tipo.

 

comunicación ou autorización de queima?

a comunicación é para a queima de restos agrícolas amoreados e pódense facer chamando previamente ao 012 ou mediante internet. para a queima de restos forestais é necesario solicitar unha autorización tamén chamando ao 012 ou no distrito forestal correspondente.

 

incendios detectados polo sensor MODIS

este sensor toma datos que nos axudan a comprender a dinámica global e os procesos que acontecen na Terra, nos océanos e no interior da atmósfera.